RGPD - Cookies
Vigo al día

O PP asegura que o alcalde chega tarde ao ‘desmantelamento’ do Auditorio «e agora fai paripé»

O Grupo Municipal do Partido Popular acusou este mércores ao alcalde de chegar tarde e “facer o paripé» ante a situación do complexo do auditorio, e recordou que o PP «leva dous anos e medio advertindo da precaria situación» desas instalacións.

Roberto Relova, que ademais preside a comisión de seguimento do auditorio -na que só está o PP, despois de que o PSOE se autoexcluíse e de que o BNG tamén a abandonase pola ausencia do grupo de goberno-, criticou o anuncio feito polo alcalde de sancionar ´Unión Temporal de Empresas (UTE) Pazo de Congresos, concesionaria do espazo total do Auditorio, por incumplimento do contrato, ao non explotar parte das instalacións – hai que lembrar que o restaurante está pechado dende hai meses, o hotel acaba de pechar e os locais comerciais nunca chegaron a alugarse-.

O concelleiro popular acusou, ademáis, a Caballero de pretender «boicotear a comisión de seguimento”, ao encargar ao secretario do Concello-que é o mesmo que o da comisión- un informe sobre as instalación e preguntouse «qué sentido ten que o PSOE non estea na comisión?».

Relova sinalou que non é de recibo que o alcalde ameace agora á concesionaria do auditorio, “despois de que o goberno municipal aprobase unha achega extra de 5 millóns á concesionaria, ademais da ampliación da devandita concesión”, e subliñou que, segundo as indagacións do seu grupo,”non se fixo público o destino dese diñeiro, que non serviu para evitar o desmantelamento do hotel, nin a situación crítica do auditorio”.

 

También te puede interesar