Vigo al minuto

O Concello esixirá á concesionaria do Auditorio que explote as actividades de usos complementarios

O alcalde anunciou este martes que técnicos municipais elaborarán un informe logo de que se achegaran ás instalacións do Auditorio para verificar a situación das mesmas. Tal e como explicou, o secretario do Pleno emitirá unha nova resolucíon e, finalmente, a Xunta de Goberno  Local “tomará decisións”. Así explicaba Abel Caballero a situación na que se atopan as instalacións do Auditorio, logo do peche do hotel, que se suma o non funcionamento do restarurante e dos locais privados que nunca se alugaron. Pola contra, matizou, o Auditorio funciona con normalidade.

Tal e como lle fora xa comunicado á adxudicataria, requíreselle que explote a obra pública nos termos establecidos no contrato: mantendo a explotación das zonas destiñadas a usos complementarios.

Caballero destacou que se operará tal e como indican as cláusulas da concesión:a interrupción da explotación do Auditorio Pazo de Congresos leva consigo unha penalización de ata o 10% dos ingresos previstos no Plan Económico Financeiro para o actual exercicio 2013, con multas cohercitivas de entre 300 e 300.000 €.

 

También te puede interesar