Galicia

Empeza o trámite para que a colección artística de Novacaixagalicia sexa Ben de Interese Cultural

A colección artística de Novacaixagalicia que será declrada Ben de Interese Cultural (BIC) – o cal impediría a súa saída de Galicia – está composta por 5.638 pezas de máis de mil autores de obra gráfica, pictórica, escultórica e outras artes menores, cunha presenza predominante do século XX.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) deste martes día 1 de outubro publica a resolución da Consellería de Cultura, o cal xa fora avanzado a pasada semana polo presidente Feijóo logo da reunión do Consello da Xunta.

En virtude deste trámite incóase o expediente para declarar BIC a obra que quedou en mans da fundación das extintas caixas de aforros – Caixanova e Caixa Galicia- á que se sumarán os fondos artísticos e bibliográficos de Novagalicia.

En total, o conxunto de pezas que inician o procedemento para a súa protección como BIC está formado por 3.468 obras artísticas -pintura, escultura, fotografía, esmaltes, iconas, cerámicas, instalación e vídeo -, e 2.170 exemplares de obra gráfica, segundo os datos incluídos no DOG.

Este fondo conta con obras de Jenaro Pérez Villaamil, Antonio de Puga, Serafín Avendaño, Jenaro Carrero Fernández, Fernando Álvarez de Sotomayor, Francisco Lloréns, Manuel Colmeiro e Luís Seoane, entre outros. Destacan, entre outros, a obra de Castelao e de Laxeiro.

 

También te puede interesar