Cultura Vigo al minuto

Este domingo ven a coñecer os montes de Cabral e Candeán

Toma boa nota, será o vindeiro domingo 29 de setembro. cando se celebrará a IX Marcha Popular polos montes veciñais de Cabral é Candeán. A marcha partirá dende o Parque Forestal de Cotogrande as 10 da mañá.

A hora da concentración será as 09:30 horas, onde se fará o reparto de auga e máis o número de participantes, todo iso acompañado de un  agasallo. As 10 da mañá comenzará a andaina por un percorrido de aproximadamente, uns 7 quilómetros. Haberá un autobús gratuito para voltar ao punto de partida.
A Asociación Cultural O Coto da parroquia de Cabral ven a organizar por noveno ano, un fermoso e fácil percorrido polos montes veciñais en Man Común das Parroquias de Cabral e Candeán o cal, é coincidente na gran maioría co Sendeiro Panorámico de Vigo.

Esta iniciativa partiu coa idea de dar a coñecer ós veciños das parroquias de Candeán e Cabral e resto dos cidadáns de Vigo os excepcionais montes das dúas parroquias, con multitude de pistas e camiños aptos para a práctica do sendeirismo e asequibles a persoas de calquera idade ou condición física.

Repartirase a todos os participantes: auga, froita, refrescos e haberá sorteo de agasallos ao remate do percorrido.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.