Ciencia y Tecnología Vigo al día

O Xeral terá, dende o ano que ven, unha unidade docente de Pediatría para médicos e [email protected]

O Ministerio de Sanidade autorizou este xoves, – segundo publica o Boletín Oficial do Estado (BOE) – a creación no hospital Xeral-Cíes de Vigo dunha unidade docente de Pediatría, que estará funcionando en maio do ano que ven. Na mesma recibirán formación médicos e enfermeiras o que, segundo o Servizo Galego de Saúde (Sergas), suporá  a acreditación dun médico residente máis -ata agora eran tres- e o recoñecemento da especialidade de enfermaría pediátrica -que non existía- coa acreditación de catro prazas e formación.

O xefe de estudios desta unidade e xefe do servizo de Pediatría salientou que esta unidade permitirá que se formen conxuntamente facultativos e persoal de enfermaría, o que aportará unha maior calidade da atención médica que se presta aos nenos.

O primeiro grupo incorporarase en maio de 2014 e pasará un período de formación de catro anos, no caso dos médicos residentes, e de dous anos para as enfermeiras. O programa docente contempla a progresiva asunción de responsabilidades na asistencia aos pacientes, ademais dun programa teórico que prevé tamén a participación en actividades como seminarios, sesións ou cursos.

Ademais, durante este tempo, os profesionais sanitarios en formación irán rotando por centros de saúde de Matamá, Pintor Colmeiro, Sárdoma e a rúa Cuba, Val Miñor, Gondomar, Porriño ou Redondela.

 

También te puede interesar