Vigo al minuto

O PP califica de «dramática» a situación do Auditorio e advirte que o hotel pechará dentro de catro días

O grupo municipal do Partido Popular entende que da declaración que fixo a directora do Hotel Carris Beiramar, este xoves na comisión de seguimento do auditorio, infírese que non se cumpriron as expectativas de actividade no auditorio que, sinalou o concelleiro Roberto Relova, eran unha parte básica do contrato asinado no seu día polo hotel.

A xuizo do concelleiro popular, a situación do hotel e do auditorio “é dramática” e lembrou que, se non hai xeito de impedilo, o día 30 o hotel pechará, logo de que unha sentenza ratificase o desafiuzamento, “o cal suporá deixar na rúa a 30 familias”.

Segundo Relova, a directora subliñou que “houbo unha mala fe permanente por parte da concesionaria do auditorio” e indicou que o propio Carris organizou eventos, “dada a falla de actividade, posto que tiña que garantir unha maior ocupación” e que houbo personas que se dirixiron a ela para contratar oficinas ou espazos comerciais no edificio do Auditorio, pero «non recibiron resposta ningunha da concesionaria».

O responsable de cultura do PP local, indicou que, o ano pasado, e á vista da inxección económica de 5 millóns á concesionaria por parte do Concello, os responsables do establecemento hoteleiro «decidiron manter por máis tempo a súa actividade á espera de que se relanzasen os eventos, cousa que non aconteceu» e, á vista delo, pediu que se aclare “onde foron parar eses 5 millóns de euros».

Roberto Relova tamén explicou que a directora do hotel trasladou a súa disposición a «reconsiderar o peche se a concesionaria se aviñese a renegociar a débeda», maila o cal, segundo o concelleiro, “parece que aquí a ninguén lle importa se o establecemento hoteleiro segue aberto ou non”.

Pola súa banda, o concelleiro de Fomento, David Regades, lembrou que o Concello advertiu á Unión Temporal de Empresas (UTE) concesionaria de todo o entorno do auditorio, que terá que pagar unha multa de 300.000 € se pecha o hotel e indicou que, dende que se produciu a sentenza de desafiuzamento de Carris, “tivo tempo de buscar unha alternativa para que o hotel puidese seguir aberto”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.