Galicia

Extinguido o lume de A Merca que arrasou 300 hectáreas

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio forestal que afecta dende este luns ao concello ourensano de A Merca, e que queimou unhas 300 hectáreas. O lume, que se iniciou ás 2 da tarde e, ainda que foi controlado ás 2 e media de onte, non estivo extinguido ate este mércores.

Nos labores de extinción do incendio participaron un técnico, oito axentes forestais, 30 brigadas, nove motobombas, cinco pas, seis helicópteros e sete avións, así como membros da Unidade Militar de Emerxencia (UME).

Medio Rural sinalou, ademáis, que dende a primeira hora deste mércores, está controlado o lume rexistrado no concello ourensano de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Lardeira. Iniciado onte preto das 9 da noite e que queimou unhas 45 hectáreas. Na súa extinción traballan un técnico, catro axentes forestais, 10 brigadas, cinco motobombas e unha pa.

 

También te puede interesar