Sucesos

Detido o presunto autor de 9 incendios na provincia de Pontevedra

O presunto autor de nove incendios forestais na provincia de Pontevedra foi detido este martes en Cambados,  segundo informou o equipo de investigación de incendios da Policía Autonómica.    Os incendios tiveron lugar entre o 5 de agosto e o 18 de setembro deste ano, dos cales 7 deles no concello de Meis, un, no de Barro; e outro en Portas.

As investigacións destes lumes iniciáronse a partir das declaracións de testemuñas e informacións confidenciais obtidas entre os veciños das zonas afectadas, centrándose as pescudas nun sospeitoso que foi obxecto de vixilancias ininterrompidas, durante varios días, por parte de axentes da Policía Autonómica.

Froito desta vixiancia e das investigación concluiron que o detido estivo en cinco destes incendios,  segundo explica a Xunta nun comunicado. Por estes feitos, tramitáronse as correspondentes  dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, en funcións de garda, de Cambados.

 

También te puede interesar