Vigo al minuto

2.229 titulares de Preferentes de Novagalicia Banco presentaron demandas para recuperar 130 millóns

Un total de 2.229 titulares de participacións preferentes e débeda subordinada de Novagalicia Banco presentaron demandas xudiciais para recuperar uns 130 millóns de euros, segundo consta no primeiro informe trimestral remitido ao Congreso pola Comisión de Seguimento de Instrumentos Híbridos de Capital e Débeda subordinada, creada polo Goberno no decreto lei de Protección aos titulartes de determinados produtos de aforro e inversión.

En total, son case 6.500 titulares de preferentes e subordinadas das entidades bancarias nacionalizadas – Bankia, NCG Banco e Catalunya Caixa – os que presentaron demandas xudiciais para recuperar o diñeiro investido ao considerarse vítimas de estafa, reclamando máis de 435 millóns de euros.

Ata o pasado 19 de xullo acudiran á vía xudicial un total de 6.487 titulares de preferentes e débeda subordinada emitida polas tres entidades nacionalizadas. Deles, 491 xa tiveran unha sentenza favorable nas súas reclamacións por valor de 22,75 millóns de euros.

 

También te puede interesar