Galicia

Dous lumes activos nas parroquias de Ribasieira e Caamaño, en Porto do Son

Un incendio forestal permanece activo na parroquia de Ribasieira e outro lume está controlado na zona de Caamaño, ambas situadas no concello coruñés de Porto do Son. Segundo a Consellería de Medio Rural, ao longo desta mañá, se chegaron a producir outros dous lumes en Ribasieira, un deles un conato que xa foi extinguido mentres que o outro permanece controlado.

As lapas iniciáronse ás 7 da mañá en Ribasieria e, segundo as estimacións provisionais, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas. Nos labores de extinción participan sete axentes, 14 brigadas, nove motobombas, dúas pas, dous avións e cinco helicópteros.

Ademais, en Ribasieira permanece controlado outro incendio forestal que se orixinou pasadas as 8 e media da mañá e que un axente, dúas brigadas e dúas motobombas lograron controlar pouco despois.

Medio Rural informa, tamén, de que permanece controlado outro incendio rexistrado na localidade de Caamaño que empezou preto das 10. Nos labores de extinción participa un axente, unha brigada e unha motobomba.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.