Vigo al minuto

480 expositores de 36 países, en Conxemar del 1 al 3 de outubro

Conxemar (arquivo)/Tresyuno Comunicación

A Feira Internacional dos Produtos do Mar conxelados, Conxemar, reunirá 480 expositores dun total de 36 países distintos na súa décimo quinta edición, que se celebrará do 1 ao 3 de outubro no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

O evento conta con todo o espazo vendido para a edición deste ano, na que detectou a volta dos pavillóns dalgúns países, como é o caso de Perú, que estiveron ausentes na cita do ano pasado por participar na ‘Seafood’ que se celebrou por primeira vez en Barcelona. Ademais, India, Iemen, Italia e Francia participarán por primeira vez con pavillón propio, mentres que Portugal e China ampliarán a superficie expositiva que viñan ocupando.

En total, respecto á anterior edición, contarase con 4 países máis, pasándose dos 32 aos 36. Dende a perspectiva das empresas participantes, increméntase o seu número lixeiramente, baixando as nacionais e aumentando as estranxeiras.

Sobre a competencia que exerce a feira Seafood de Barcelona, que este ano celebra a súa segunda edición, o presidente de Conxemar explicou que en 2013 haberá clientes que non repetirán nela e que, ademais, o evento catalán non incrementa a súa superficie expositiva, algo que se acontecese, segundo apuntou, podería ser un «perigo» para a feira viguesa.

Por outra banda, José Luis Freire apuntou que todas as empresas galegas que viñan participando en Conxemar – tamén Pescanova- «renovaron» agás «unha ou dous que non poden vir». Para facilitar o acceso á feira, a organización volverá ofrecer servizos de lanzadeira gratuíta con destino ao Ifevi dende os aeroportos de Santiago, Oporto e dende diferentes hoteis de Vigo.

Antes da feira, Conxemar organiza, o 30 de setembro, a segunda edición do congreso coorganizado coa Organización das Nacións Unidas para a Alimentación (FAO), e que se centrará este ano no peixe branco, con especies como a pescada e o bacallau -que supoñen o 18% cento do total de peixe consumido en España -, e tamén outras procedentes da acuicultura como o panga.

No congreso – no que confirmaron a asistencia 320 personas de 10 nacionalidades- participarán representantes políticos de diversos países, membros da FAO, expertos e voceiros do mundo académico e da investigación, entre outre investigadores . Entre outras autoridades, está prevista a participación do ministro de Agricultura, Alimentación e Medio, Miguel Arias Cañete; ministros de Namibia e Perú e altos cargos de Chile, Costa Rica, Portugal, Vietnam e senadores de Alasca.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.