RGPD - Cookies
Galicia

O Tribunal Superior de Xustiza da un mes á Xunta para cumprir as sentenzas do galego no ensino

Un novo auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de ordenar á Consellería de Educación a “execución forzosa”, nun prazo máximo dun mes das sentenzas que anulan parte dos artigos do ‘decreto de plurilingüismo’ no ensino , xa que non lle consta o seu cumprimento total por parte da administración galega.

O acordo do Tribunal prodúcese logo da petición plantexada pola Mesa pola Normalización e o a Confederación Intersindical Galega (CIG-Ensino), no que da á Xunta o prazo “improrrogable” dun mes para cumprir a sentenza –maila a que o goberno galego ten cinco días para presentar recurso de reposición contra esta decisión-.

 

 

También te puede interesar