Vigo al minuto

O PP pide amparo ao Valedor ante a “negativa” do goberno local a informar das obras de Areal e Camelias

O Partido Popular ven de presentar na oficina do Valedor do Cidadán un escrito no que reflicte a “negativa do alcalde a facilitar documentos públicos solicitados” sobre as obras desenvolvidas nas rúas Areal e Camelias. Ademais da solicitude de amparo, achegouse o escrito “remitido ao alcalde, o pasado 1 de xullo – por Registro e que o 9 de xullo a Oficina de Supervisión de Proxectos e Obras – deu traslado do documento ao xefe de área de Fomento” no que se solicitaba acceder á documentación das dúas obras que, como lembrou o grupo municipal popular, forman parte das actuacións a executar por Aqualia.

“Tivemos que acudir a esta vía de actuación ante a falta de resposta á solicitude desa documentación“, lamentou o concelleiro Antonio Bernárdez, quen indicou que o PP “tería que recibir unha contestación aos cinco días dende a presentación de aquel escrito e xa pasaron dous meses”.

O concelleiro subliñou que “é un asunto moi grave, porque se trata de documentos públicos, máxime cando o financiamento deses dous proxectos saen dos cartos que todos os vigueses pagan no recibo da auga, qué pasa, ten medo o goberno municipal a que se fiscalicen esas obras?” e “qué asunto turbio se esconde tras esas adxudicacións?“. O representate do PP, por último, acusou o goberno local de empregar a “represión” cara aos traballadores municipais “para que non informen sobre determinadas solicitudes da oposición”.

Pola súa banda, o alcalde asegurou que “o goberno non ten ningunha solicitude do PP” sobre esa información e, ademais, engadiu que “tan pronto a solicite, en tres días estará á súa disposición, o tempo xusto para collela e pasarlla”.

 

También te puede interesar