Vigo al minuto

O PP pide amparo ao Valedor ante a «negativa» do goberno local a informar das obras de Areal e Camelias

O Partido Popular ven de presentar na oficina do Valedor do Cidadán un escrito no que reflicte a «negativa do alcalde a facilitar documentos públicos solicitados» sobre as obras desenvolvidas nas rúas Areal e Camelias. Ademais da solicitude de amparo, achegouse o escrito «remitido ao alcalde, o pasado 1 de xullo – por Registro e que o 9 de xullo a Oficina de Supervisión de Proxectos e Obras – deu traslado do documento ao xefe de área de Fomento» no que se solicitaba acceder á documentación das dúas obras que, como lembrou o grupo municipal popular, forman parte das actuacións a executar por Aqualia.

«Tivemos que acudir a esta vía de actuación ante a falta de resposta á solicitude desa documentación«, lamentou o concelleiro Antonio Bernárdez, quen indicou que o PP «tería que recibir unha contestación aos cinco días dende a presentación de aquel escrito e xa pasaron dous meses».

O concelleiro subliñou que «é un asunto moi grave, porque se trata de documentos públicos, máxime cando o financiamento deses dous proxectos saen dos cartos que todos os vigueses pagan no recibo da auga, qué pasa, ten medo o goberno municipal a que se fiscalicen esas obras?» e «qué asunto turbio se esconde tras esas adxudicacións?«. O representate do PP, por último, acusou o goberno local de empregar a «represión» cara aos traballadores municipais «para que non informen sobre determinadas solicitudes da oposición».

Pola súa banda, o alcalde asegurou que «o goberno non ten ningunha solicitude do PP» sobre esa información e, ademais, engadiu que «tan pronto a solicite, en tres días estará á súa disposición, o tempo xusto para collela e pasarlla».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.