RGPD - Cookies
Galicia

Lumes en Arbo, Tui e Piñor, en Ourense, que queimaron xa 75 hectáreas

Ao mediodía deste martes quedou controlado o lume que se iniciara pasdas as 3 da madrugada no concello de Arbo – na parroquia de Mourentén – e que, segundo as primeiras estimacións, arrasou unha superficie dunhas 25 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 2 axentes forestais, 10 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións.

O lume que comezou onte ás 4 da tarde na parroquia de Malvas, en Tui, quedou controlado pasadas as 10 da noite. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 15 hectáreas arboradas. Nos traballos de extinción participan 1 técnico, 8 axentes forestais, 19 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 10 avións.

A primeira hora de hoxe, tamén quedou controlado un lume no concello de Piñor, parroquia de Coiras, que comezara pasadas as 3 da tarde do luns. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 25 hectáreas, das cales 15 son de monte raso e o resto de arborado. Nos traballos de extinción participan 1 técnico, 6 axentes forestais, 19 brigadas, 12 motobombas, 1 pala, 5 helicópteros e 6 avións.

 

También te puede interesar