Feijóo asegura que a tempada de incendios é a mellor dos últimos 20 anos, “pese á meteoroloxía”

O presidente da Xunta, aseguróu este martes, en Madrid, que Pescanova é unha empresa viable  e advertiu ás entidades financeiras de que “sería un erro estratéxico non a capitalizar ou non admitir unha quita”. A xuixzo do xefe do executivo galego, a proba de que a multinacional é viable, é que “ malia entrar en concurso de acredores, segue traballando e se segue vendendo”.

Feijóo instou á banca a admitir quíta, pois “unha vez sanéese e capitalícese a empresa e poida volver a bolsa, as entidades financeiras poderán recuperar o diñeiro perdido. Temos claro que Pescanova é viable, hai que capitalizala. Os bancos que ás veces gañan diñeiro, outras veces o perden e, se queren volver gañar diñeiro con Pescanova, o que teñen que facer é capitalizala e admitir unha quita no concurso de acredores”, salientou.

Preguntado polos incendios – que xa queimaron másis de 15.000 hectáreas, Feijóoquen a finais de agosto declarou que a campaña deste ano era “extraordinariamente positiva” – subliñou que os datos da actual campaña “de alto risco a sitúan por debaixo da media dos últimos 20 anos, o cal non significa que a Xunta non estea preocupada”.

O presidente engadiu que “a inmensa maioría dos lumes son intencionados, debido á hora na que comeza un elevado número deles, a partir do ocaso ou en plena madrugada”. Ademáis, Feijóo, ao ser preguntado polo feito de que Galicia teña unha media de 50 incendios ao día, valorou “comportamento exemplar” dos efectivos na loita contra o lume, que cifrou en 7.000 persoas “dende o mes de xullo” e engadiu que “o 78% dos lumes afectan a menos dunha hectárea, “o que quere dicir que se apagan cunha extraordinaria profesionalidade”.

Para o máximo responsable da Xunta tamén están a influir nos lumes as condicións meteorolóxicas que “cambiaron a peor e non só debido á falta de precipitacións, senón porque se rexistran dende entón ventos do nordés, o que agravou a situación, ao supoñer maiores dificultades” para o operativo antiincendios”.

 

También te puede interesar