Comarcas

Dimite o tenente de alcalde de Nigrán, quen deixa o PP e quita a maioría ao alcalde

El alcalde de Nigrán se queda sin la mayoría absoluta/Tresyuno Comunicación

O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo e Medio de Nigrán, Ignacio Vilas, renunciou de forma oficial a todos os seus cargos no goberno ademáis de pedir o seu paso ao grupo mixto do Concello, deixar ao goberno de Alberto Valverde sen maioría absoluta e darse de baixa como militante do Partido Popular.

Nun comunicado, a Alcaldía de Nigrán achaca a decisión de Vilas, ao anuncio de cambios dentro do goberno local e o alcalde lamentou que o ata agora concelleiro “non entendese a reestruturación interna do equipo de goberno”. A mesma consistía nun traspaso da tenenza de alcaldía ao actual edil de Economía e Facenda, Alberto García, mantendo a Vilas en todas as súas funcións como concelleiro de Urbanismo, unha decisión que, segundo o rexedor, ía dirixida “a mellorar o equipo de goberno” e que “foi compartida polo resto de membros do equipo pero non por Ignacio Vilas”.

No comunicado, Valverde lamenta a decisión tomada por Vilas e tamén o seu “proceder”.Non solo non entendeu a reestruturación formulada, senón que non foi capaz de notificar persoalmente a súa decisión xa que non respondeu a ningunha das chamadas”, indicou o alcalde, quen censura que “preferiu converterse nun tránsfuga que dar a cara ante os seus compañeiros e o municipio”.

O Concello informa de que, agora, que o alcalde asumirá as competencias de Urbanismo e Medio Ambiente, “dobraremos esforzos, dedicación e implicación para seguir traballando por e para este municipio”, asegurou Valverde, quen garantiu que o goberno local cumprirá os seus compromisos.

 

 

También te puede interesar