Comarcas

Dimite o tenente de alcalde de Nigrán, quen deixa o PP e quita a maioría ao alcalde

El alcalde de Nigrán se queda sin la mayoría absoluta/Tresyuno Comunicación

O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo e Medio de Nigrán, Ignacio Vilas, renunciou de forma oficial a todos os seus cargos no goberno ademáis de pedir o seu paso ao grupo mixto do Concello, deixar ao goberno de Alberto Valverde sen maioría absoluta e darse de baixa como militante do Partido Popular.

Nun comunicado, a Alcaldía de Nigrán achaca a decisión de Vilas, ao anuncio de cambios dentro do goberno local e o alcalde lamentou que o ata agora concelleiro «non entendese a reestruturación interna do equipo de goberno». A mesma consistía nun traspaso da tenenza de alcaldía ao actual edil de Economía e Facenda, Alberto García, mantendo a Vilas en todas as súas funcións como concelleiro de Urbanismo, unha decisión que, segundo o rexedor, ía dirixida «a mellorar o equipo de goberno» e que «foi compartida polo resto de membros do equipo pero non por Ignacio Vilas».

No comunicado, Valverde lamenta a decisión tomada por Vilas e tamén o seu «proceder». «Non solo non entendeu a reestruturación formulada, senón que non foi capaz de notificar persoalmente a súa decisión xa que non respondeu a ningunha das chamadas», indicou o alcalde, quen censura que «preferiu converterse nun tránsfuga que dar a cara ante os seus compañeiros e o municipio».

O Concello informa de que, agora, que o alcalde asumirá as competencias de Urbanismo e Medio Ambiente, “dobraremos esforzos, dedicación e implicación para seguir traballando por e para este municipio», asegurou Valverde, quen garantiu que o goberno local cumprirá os seus compromisos.

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.