Galicia

146.321 [email protected] [email protected] comezan este luns a ESO, o bacharelato e outras ensinanzas de réxime especial

146.321 alumnos comezan este luns 16 de setembro a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), o bacharelato e outras ensinanzas de réxime especial nos centros galegos. Dacordo cos datos oficiais, 87.473 alumnos cursarán ESO, 30.854 bacharelato, 10.564 en disciplinas artísticas, 469 en deportivas e 16.964 en ensinanzas para adultos.

A Coruña conta con 35.683 alumnos matriculados, Lugo con 9.328, Ourense con 8.654 e Pontevedra con 33.808. Isto contrasta cos datos do ano pasado, incrementándose o número de estudantes en A Coruña e en Pontevedra – que contaban o curso anterior con 35.456 e 33.775 –, e reducíndose en Lugo e Ourense – que tiñan 9.466 e 8.799 -.

En total, este curso haberá 61.102 alumnos diso matriculados en centros públicos, 2.004 en privados non concertados e 24.367 en privados concertados. En relación ao ano anterior, o número de estudantes aumentou nos centros públicos e reduciuse nos privados e concertados.

Por rama de bacharelato, un total de 1.286 alumnos matriculáronse en artes, 15.462 en ciencias da natureza e da saúde, e 14.106 en humanidades e ciencias sociais.

No que compete ás ensinanzas de réxime especial, as de música acollerán 8.251 estudantes, dos que 3.350 corresponden a A Coruña, 1.164 a Lugo, 914 a Ourense e 2.823 a Pontevedra. Pola súa banda, as de danza teñen 354 matriculados e as de arte dramática, 240.

 

También te puede interesar