Comarcas

Porremprego consegue a inserción laboral de 184 persoas no que vai de ano

As diversas iniciativas en materia de emprego e formación postas en marcha en Porriño facilitaron  un descenso do paro nos últimos cinco meses do 12,67%, que en números enteiros tradúcese en 361 persoas desempleadas menos. Conxuntamente con este dato, o servizo de Porremprego deu a coñecer a cifra de inserciones conseguidas no que vai de ano 2013. “Dos centos de ofertas tramitadas logramos un total de 184 inserciones, das cales 55 son emprendedores e as 129 restantes traballan por conta allea en empresas de diversos sectores, destacando sobre todo hostelería, metal, comercio, administración e finanzas e sanidade como os sectores que máis emprego están xerando“, explicou o responsable de Emprego do concello

A media de inserción mensual rexistrada en Porremprego durante estes oito primeiros meses do ano sitúase nas 23; mentres que o descenso da lista de parados desde o mes de marzo de 2013 experimentou unha redución de 361 persoas, o que supón unha media de máis de 72 persoas desempleadas menos cada mes. Ademais, tamén hai que ter en conta a firma de convenios con empresas que “abren unha oportunidade laboral aos usuarios beneficiarios”; así, ata o pasado mes de agosto asináronse un total de 117 convenios, dos cales xa resultaron 14 contratos de traballo.

Unha das últimas actuacións foi destinar máis de 184.000 € á formalización de 59 contratos dos que poderán beneficiarse veciños de Porriño; serán para ocupar 54 postos de peóns e 5 de oficiais de obras e servizos, para o mantemento e limpeza de viais, durante os próximos catro meses.

 

También te puede interesar