Comarcas

Porremprego consegue a inserción laboral de 184 persoas no que vai de ano

As diversas iniciativas en materia de emprego e formación postas en marcha en Porriño facilitaron  un descenso do paro nos últimos cinco meses do 12,67%, que en números enteiros tradúcese en 361 persoas desempleadas menos. Conxuntamente con este dato, o servizo de Porremprego deu a coñecer a cifra de inserciones conseguidas no que vai de ano 2013. «Dos centos de ofertas tramitadas logramos un total de 184 inserciones, das cales 55 son emprendedores e as 129 restantes traballan por conta allea en empresas de diversos sectores, destacando sobre todo hostelería, metal, comercio, administración e finanzas e sanidade como os sectores que máis emprego están xerando«, explicou o responsable de Emprego do concello

A media de inserción mensual rexistrada en Porremprego durante estes oito primeiros meses do ano sitúase nas 23; mentres que o descenso da lista de parados desde o mes de marzo de 2013 experimentou unha redución de 361 persoas, o que supón unha media de máis de 72 persoas desempleadas menos cada mes. Ademais, tamén hai que ter en conta a firma de convenios con empresas que «abren unha oportunidade laboral aos usuarios beneficiarios»; así, ata o pasado mes de agosto asináronse un total de 117 convenios, dos cales xa resultaron 14 contratos de traballo.

Unha das últimas actuacións foi destinar máis de 184.000 € á formalización de 59 contratos dos que poderán beneficiarse veciños de Porriño; serán para ocupar 54 postos de peóns e 5 de oficiais de obras e servizos, para o mantemento e limpeza de viais, durante os próximos catro meses.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.