Vigo al minuto

O Concello aproba aportar 200.000 € máis a comedores sociais, 76.760 deles a Afán

O goberno local resolveu este venres o reparto entre doce comedores sociais dos 200.000 € reservados ao efecto no plan social de apoio ás familias -dotado cuns 3 millóns de euros-, que se suman aos 223.000 € incluidos no orzamento municipal de 2013.

O alcalde salientou que, con respecto a hai dous anos, o Concello incrementou un 464% a partida para apoiar a estas entidades. Abel Caballero quixo deterse na aportación que realiza o Concello á entidade AFAN, que percibe este ano 76.760 €, máis do que achegan o Parlamento de Galicia, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra xuntos. O alcalde solicitou aos gobernos provincial e autonómico que invistan a mesma cantidade que o Concello nos comedores.

 

También te puede interesar