Vigo al minuto

De Guindos reitera que Novagalicia Banco terá novo propietario o mes que ven

O ministro de Economía reiterou este venres que espera completar a venda de Novagalicia Banco en outubro tras recibir as ofertas pertinentes durante este mes. «Quedou atrasado dende o punto de vista do que eran as reformas, os axustes. Hai que pechar esa situación, que xa se está a pechar no caso de Galicia e no caso de Bankia, e a partir de aí analizarémolo,», explicou Luis de Guindos.

De feito, o calendario da poxa de NCG arrancará a próxima semana, coa posta a disposición dos posibles interesados de toda a información relevante sobre a entidade.

Dacordo co dito, onte, polo secretario de Estado de Economía, Fernando Jiménez Latorre, o primeiro paso da poxa, – coñecido como ‘data room’ – será a partir do próximo 16 de setembro, dende ese momento, “as entidades poderán empezar a ver as calidades dos activos de NCG Banco para facer as valoracións e expresar o seu interese e as súas ofertas», indicou.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.