Comarcas

Arde A Fonsagrada, Carnota, Negreira, Muxía, Ponte Caldelas e Porto do Son

A Consellería de Medio Rural informou de que son dous os lumes localizados no concello lucense de A Fonsagrada –  na parroquia de Vilar dá Cuíña, – que afectaban, no momento de redactar esta información, a máis de 500 hectáreas. Ainda que o nivel 1 por perigo para casas foi desactivado o mediodía  deste xoves neste o incendio segue activo e no mesmo traballan  dous técnicos, 16 axentes forestais, 48 brigadas, 20 motobombas, tres pas, dous avións e sete helicópteros.

Onde permanece declarado o nivel de máxima alerta, segundo o último parte actualizado da consellería, é en Carnota, no lume do monte Pindo. Este comezou ás 9 e media da noite do mércores e segue activo, cunhas 2.000 hectáreas calcinadas. No seu control traballaron un técnico, 16 axentes, 23 brigadas, 12 motobombas, cinco helicópteros e seis avións. Tamén colaboran na zona efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Ademais, a 1 e media da tarde,  foi desactivado o nivel 1 no incendio de Negreira, na parroquia de Liñaio, por proximidade a varias aldeas. Neste lugar arderon unhas 400 hectáreas este mércores e participaron no control un técnico, oito axentes forestais, 21 brigadas, 10 motobombas, cinco pas, oito avións e seis helicópteros, xunto a efectivos da UME.

Está activo outro lume, tamén, en Porto do Son, na parroquia de Noal, dende esta medianoite. Arderon unhas 100 hectáreas e estivo decretado o nivel máximo de alerta entre as 3 e as 5 da mañá. No seu control colaboraron un técnico, catro axentes, oito brigadas, oito motobombas e dous avións.

Tamén está activo un incendio en Muxía, na parroquia Nemiña, dende as 6 e media da mañá . O lume arrasou xa máis de 20 hectáreas e nos labores participaron catro axentes, cinco brigadas, catro motobombas, unha pa e un helicóptero.

Dende primeira hora desta tarde,  hai un novo lume en Ponte Caldelas – onde a pasada semana arderon máis de 600 hectáreas. Nesta ocasión o incendio afecta á parroquia de Anceu e no lugar están  tres axentes forestais,  cinco brigadas, tres motobombas, tres avión e  un helicóptero.

 

También te puede interesar