Sucesos

Tentan recuperar un cadáver atopado no encoro de San Martiño

Un dispositivo integrado por Garda Civil, Bombeiros e Protección Civil intenta sacar do río Sil o cadáver que foi avistado por un particular no encoro de San Martiño, no concello ourensano de Larouco.

O aviso de que vira un corpo nas augas do río foi dado por un particular preto da 1 e media da tarde e, dende ese momento, o 112 miobilizou un equipo integrado polos Bombeiros de Valdeorras, o 061 e Garda Civil.

 

 

También te puede interesar