Vigo al minuto

O alcalde reitera que non quedará ningun rapaz de Vigo sen beca de comedor este curso

El alcalde con varios alumnos, este miércoles/Tresyuno Comunicación

O alcalde adiantou este mércores, no Colexio San Salvador de Teis, ao que acudiu o primeiro día do curso en Educación Infantil – de 3 a 6 anos – e Primaria – de 6 a 12 – que o Concello concederá ao redor de 5.000 becas para libros e comedor escolar. Tras falar cos rapaces, algún dos cales preguntoulle cómo se chamaba – “chámome Abel e son o alcalde…e tamén profesor” – profesores e responsables do centro – que calificou de “emblemático e de grande tradición na cidade”, Abel Caballero salientou que o Concello adica no orzamento de 2013 máis de 1,5 millóns de euros para este tipo de achegas e apoio á educación, “cantidade que asume o recorte de 178.000 € imposto pola Xunta nas bolsas de comedor na cidade”

A administración local rexistra un «notable incremento da demanda de comedor», asegurou Caballero, máis solicitudes que conlevarán que o Concello incremente a partida económica no orzamento de 2014 para que “ningún alumno e alumna que cumpra os requisitos económicos quede sen achega para comedor”.

Caballero – quen lembrou que este mércores, en Vigo, empezaron as clases un total de 24.221 alumnos dos que  7.907 cursan Infantil e 16.364, Primaria – reiterou  que a cidade inviste este ano máis dun millón de euros nos centros educativos locais, “fronte aos 600.000 € da Xunta que é a que ten a competencia, exclusiva, en Educación”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.