Galicia

O Parlamento de Galicia rexeita, cos votos en contra do PP e a abstención do PSOE, unha comisión sobre o accidente de Angrois

Co voto en contra do Partido Popular e a abstención do PSdG, o Parlamento de Galicia rexeitou, este martes, a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente do tren Alvia que cubría a ruta Madrid – Ferrol o pasado 24 de xullo provocou 79 vítimas mortais e máis dun centenar de feridos, algúns deles aínda hospitalizados.

A proposta de creación desta comisión de investigación foi defendida por Alternativa Galega de Esquerda (AGE) e o BNG, a través dos seus voceiros parlamentarios, Xosé Manuel Beiras e Francisco Jorquera, respectivamente, os cales arremeteron contra os populares por impedir esta investigación.

Ata este martes o PSdeG non quixera revelar publicamente o sentido do seu voto e xustificou a súa abstención apelando ás investigacións abertas e á prudencia. Ao respecto, matizou que “non renuncia a nada”, ao tempo que reafirmouse no seu compromiso de que se coñeza todo o acontecido.

Rematado o debate, os socialistas informaron do rexistro de solicitude dunha comisión especial para a análise do accidente ferroviario, así como para a elaboración de propostas para a mellora da seguridade ferroviaria en Galicia. O escrito – que entrou no rexistro do Parlamento preto do mediodía, subliña que  esta comisión “sería compatible con outras existentes e encargaríase de analizar as causas do tráxico accidente”, facendo un “seguimento” para asegurar, en primeiro termo, unha axeitada atención ás vítimas e aos seus familiares e buscando unha clarificación das causas do accidente”.

 

También te puede interesar