Comarcas

Unións Agrarias denuncia o “modelo Falcon Crest” de plantación de Albariño nas Rías Baixas

Unións Agrarias (UU.AA.) “mobilizarase contra o modelo ‘Falcon Crest’ de plantación de albariño” que, segundo denuncia, está “auspiciado pola Xunta nas Rías Baixas”. Así o anunciaron en rolda de prensa o secretario xeral do sindicato e o responsable de agricultura.

Segundo os datos de UU.AA., nos últimos 10 anos o número de viticultores inscritos na denominación de orixe Rías Baixas a penas se incrementou nun 16% mentres que as novas plantacións supoñen en torno a un 40% máis. “Isto quere dicir que a inmensa maioría das novas plantacións foron con diñeiro público feitas por bodegueiros particulares”, denunciaron os responsables sindicais quenes subliñaron que “esto ten que ver coas campañas para afondar en que cada vez sexa menos rendible ter uvas e máis rendible ter adegas con viñedos”.

Segundo Unións Agrarias trátase  dunha “campaña brutal”, que en 2011 fixo uso do excedente de uva para abaratar o prezo, mentres que en 2012 se dirixiu aos rendementos por hectárea con sancións a viticultores “para continuar demonizando e facer inviable a produción”.

Agora, segundo este sindicato, nas Rías Baixas, a Xunta e as adegas están a intentar que os viticultores “sexan o seguro a todo risco da súa xestión, calquera problema financeiro que teñen o arranxan a mes vencido repercutindo de forma unilateral no prezo das uvas”.

Ao seu xuízo, esta situación verase agravada na próxima vendima, “xa que se está a forzar prezos de referencia por debaixo dos custos de produción obrigando os viticultores a vender por debaixo do que custa producir”.

 

También te puede interesar