Vigo al minuto

O Concello abrirá un novo local, de xeito “estable”, para o programa ‘Sereos’, no prazo dun mes

O pleno do Concello aprobou este luns por unanimidade dotar – no prazo dun mes – ao programa ‘Sereos’ de atención a persoas excluídas, dun local “permanente”, froito do diálogo e consenso cos colectivos afectados.

O grupo municipal do PP presentou unha moción na que se solicitaba, inicialmente, a reapertura do local da rúa Elduayen, pechado por decisión municipal o pasado 1 de agosto. “En caso de que houbese xustificación para o peche do mencionado local, que se traslade de forma urxente a outro local de carácter permanente”, rezaba a moción.

Os populares aceptaron unha emenda do BNG, de modo que o texto finalmente aprobado insta ao goberno municipal a buscar unha nova sede para a prestación do servizo de ‘Sereos’, con “tódalas garantías de atención e salvando a dignidade e profesionalidade deste servizo”.

O Partido Popular rexeirou a emenda proposta polo goberno local, e defendida por la concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, na que se indicaba que, unha vez eliminada a mención á reapertura en Elduayen, fose o pleno que se comprometese a poñer a disposición de ‘Sereos’ un local estable.

 

También te puede interesar