Galicia

Activos lumes en Boiro, A Mezquita e Chandrexa de Queixa

Un incendio forestal rexistrado no concello ourensán  de A Mezquita na tarde deste domingo continúa activo e os medios traballan na zona para tratar de controlalo. Segundo a Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse preto das 6 da tarde na parroquia de Vilavella, e nos labores de control participan un técnico, dous axentes, nove brigadas, tres motobombas, unha pa, catro helicópteros e oito avións. Polo momento non hai estimación da superficie afectada.

Ademais, permanecen controlados outros dous lumes, en Boiro e na localidade ourensana de Chandrexa de Queixa. O incendio de Boiro, na parroquia de Macenda, está controlado dende as 6 da tarde e queimou 2 hectáreas. Nos traballos de extinción participan un axente, nove brigadas, tres motobombas, catro helicópteros e catro avións.

Así mesmo, tamén está controlad o lume de Chandrexa de Queixa, orixinado na parroquia de Rabal e que queimou 4,5 hectáreas. Nos labores de extinción participan un axente, catro brigadas, catro motobombas, catro helicópteros e catro avións.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.