RGPD - Cookies

O lucense Gómez Besteiro, novo líder dos socialistas galegos

O lucense de 45 anos José Ramón Gómez Besteir, presidente da Deputación de Lugo é, de facto, o novo secretario xeral dos socialistas de Galicia logo de gañar as Primarios co 77% dos votos dos afiliados fronte ao 21% de Manel Vázquel, alcalde de a Illa.

O resultado anunciouno o secretario xeral sainte, Pachi Vázquez, preto das 11 da noite deste sábado. A esa hora o reconto estaba xa no 85% das papeletas e a participación estimada no proceso situábase non 60% dos militantes do PSdG.  Besteiro será nomeado oficialmente no vindeiro congreso dos socialistas galegos do día 29 desde mes.

O novo líder dos socialistas galegos sinalou que “hoxe comeza un reto colectivo para os socialistas de Galicia que temos que estar onde o o noso lugar: coa sociedade”. Logo de amosar o seu agradecemento a todos os militantes do partido tivo unhas palabras de recoñecemento para Manel Vázquez de quen dixo que “soubo presentar unha alternativa e dar un estupendo exemplo durante estos meses explicando o seu proxecto á militancia e á sociedade galega”.

José Ramón Gómez Besteiro, casado e pais de dous fillos de 11 e 14 anos, é licenciado en dereito pola Universidade de Santiago, con 30 anos, entrou a formar parte do goberno da cidade de Lugo, do cal foi voceiro de 1999 a 2007. O 14 de xullo daquel ano  2007 chegou á Presidencia da Deputación de Lugo,encabezada por vez primeira por un socialista. Nas eleccións municipais de2011, Lugo foi o único caso en España en que o PSOE gañou tanto o Goberno da provincia como o da capital. Daquela, revalidaron o apoio dacidadanía para liderar a única Deputación cun presidente socialista en Galicia e unha das sete socialistas que se mantiveron en España.

 

También te puede interesar