Vigo al minuto

O restaurante As Dornas estará demolido a finais deste ano

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas notificou este venres ao Concello a autorización de demolición do edificio do antigo restaurante As Dornas, en Samil, que permanece sen actividade dende hai varios anos e que, tras caducar a concesión, actualmente é de titularidad municipal.

Segundo informa a Xunta, trátase da autorización autonómica na parte das obras afectadas pola zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre para o derrubamento deste inmoble, que ten soto, baixo e un baixo cuberta.

As obras deberán iniciarse nun máximo de dous meses e terán que estar finalizadas no prazo dun ano. Unha vez transcorrido ese período de tempo, a autorización quedará sen efecto. Este prazo, segundo asegurou o alcalde cumprirase posto que o Concello quere iniciar as obras “inmediatamente”.

O departamento autonómico explica que, durante a execución das mesmas “se deberán adoptar as medidas necesarias para garantir a integridade do dominio público-marítimo terrestre e as súas zonas de servidume e tamén para a seguridade de persoas e bens”. Por iso, ordena que se eviten verteduras de materiais contaminantes, que se balice e sinalice a zona de traballo e que se adopten as medidas de seguridade e hixiene que correspondan.

 

También te puede interesar