Sucesos

Morre un home en Láncara, arrastrado por un tren

Un home morreu este venres arrastrado polo tren no concello lucense de Láncara, segundo informa o 061. Foi a central deste servizo quen recibiu a alerta do accidente preto das 5 da tarde. Un veciño do lugar informaba de que unha persona fora arrastrada polo tren neste concello e que estaba en moi mal estado.

Inmediatamente acudiron ao lugar unha ambulancia asistencial, outra medicalizada e persoal sanitario do PAC de Sarria. O home, do que non se facilitaron os datos foi atendido no lugar pero os médicos non poideron salvarlle a vida e certificaron o falecemento.

 

También te puede interesar