Vigo al día

Comerciantes e veciños do Casco Vello rexeitan que o local de ‘Sereos’ volva ao barrio histórico

Comerciantes, hostaleiros e veciños do Casco Vello de Vigo manifestaron o seu rexeitamento a que a unidade de atención a persoas en risco de exclusión, sen teito e drogodependentes do programa ‘Sereos’ volva instalarse no barrio, tras o peche do local da rúa Elduayen por parte do Concello.

Os veciños apuntaron que, malia estar de acordo coa necesidade de prestar servizo aos máis vulnerables, nin o local da rúa Elduayen nin o ámbito do albergue de Marqués de Valterra “reúnen as condicións necesarias para atender esas persoas”. En relación con este tema, lembraron que a localización deste tipo de dispositivos de atención debe ter en conta non só a calidade asistencial senón tamén a “interacción con outros colectivos cidadáns especialmente sensibles”.

Por este motivo pediron aos grupo políticos locais que cheguen a un acordo que garanta a “atención de personas con problemas de dogradicción” proporcionándolles “un dispositivo de asistencia axeitado”.

Hai que lembrar que o pasado 1 de agosto, o Concello pechou o local de Elduayen e, malia as protestas e á petición de explicacións por parte da oposición e do colectivo de autoaxuda ‘O Imán’, o goberno local non aclarou as causas do peche. Dende ese momento, a atención aos usuarios do programa ‘Sereos’ faise nunha unidade móbil instalada na zona de Beiramar.

O Imán’, que promoveu varias protestas para que se reabrise o local de Elduayen,  pediu aos tres grupos políticos con presenza na Corporación viguesa que manteñan un “debate transparente e cheo de verdade” no pleno do próximo luns, cando se abordará unha moción do PP sobre esta cuestión.

 

También te puede interesar