Empeza en Santa Tegra e no Monte Facho a mellora dos castros da provincia

A Deputación de Pontevedra iniciou esta semana os traballos previstos no Plan  Provincial para o aproveitamento turístico dos castros e dos recursos galaico-romanos con sendas actuacións no Monte Santa Tegra (A Guarda) e no Monte Facho (Cangas de O Morrazo), según anunciou este mércores, Rafael Louzán.

En Santa Tegra  – A Guarda – están a traballar 8 personas baixo a supervisión dun arqueólogo da Deputación. A actuación consiste na limpeza dos xacementos antiguos e o acceso Sur, unha zona plagada de cabanas que ata agora non estaban visibles. Asemesmo, o equipo de traballo desbroza e acondiciona o entorno e tala, nalgún caso, as abundantes acacias que abundan na zona.

No Monte Facho  – Cangas – traballan 10 personas baixo a supervisión dun arqueólogo da Deputación e en coordinación co arqueólogo do Concello de Cangas. No Monte Facho, a Deputación complementa a actuación do Concello de Cangas que ven realizando labouras de consolidación e estruturación dende o periodo 2003-2008. Nesta ocasión, o equipo da Deputación limpa o acceso e o entorno completando a actuación do Concello que consigueu recentemente axudas da Xunta para distintas actuacións no Monte Facho.

As seguintes actuacións deste  Plan serán no Castro de Troña (Ponteareas) e Igrexa Vella (Valga), e logo interviráse no resto dos castros incluidos no proxecto.

A Deputación en colaboración coa Xunta e concellos inviste 2,5 millóns en limpeza, mantemento, sinalización, difusión, escavación, musealización e dixitalización de 16 xacementos arqueolóxicos da provincia, os castros visitables de: Castrolandín (Cuntis), Altamira (As Neves); Cruz do Castro (Cotobade), Castro Alobre (Vilagarcía), Adro Vello ( O Grove) Monte Castro (Ribadumia), A Lanzada (Sanxenxo) Castro da Cividá (Marín), As Croas (Pontevedra), Monte Facho (Cangas), Castro da Punta do Muiño do Vento e Castro de Vigo (Vigo), A Troña (Ponteareas), Castro de Torroso (Mos), Alto dos Cubos de Tui, Santa Tegra (A Guarda) e Igrexa Vella de (Valga).

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.