Vigo al minuto

Caballero asegura que os 363.000 € de subvención a Volotea salvarán Peinador

Avión de Volotea en Peinador/Tresyuno Comunicación

O alcalde advertiu este martes de que o plan de apoio a Peinador, que levará ao Pleno do Concello o luns – e que implica unha modificación orzamentaria de 363.000 € – é a última oportunidade para “salvar o aeroporto que, xa está claro, quere pechar o presidente da Xunta”. O devandito plan pasa por subvencionar coa devandita cantidade á compañía ‘Volotea’ que, salientou Abel Caballero, porá en funcionamento pontes aéreos con Valencia, Ibiza, Sevilla, Bilbao, Málaga, Alicante e Canarias, “con billetes a a 50 e 60 €” dende a primaveira de 2014.

O alcalde salientou que o Concello pode pagar esa cantidade porque “non hai que pagar os intereses de cancelación da débeda municipal” e adiantou que “todas as facturas que paguen os vigueses remitiranse á Xunta e a Deputación…son os que teñen que pagar, esto non vai a salirlles grátis”.

Caballero reiterou  que «o único problema que existe actualmente, é que Lavacolla e Alvedro teñen unhas axudas que Peinador non ten” e esixiu que se se restableza inmedatamente, “hoxe mesmo” a “igualdade de competencia” entre os tres aeroportos galegos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.