Comarcas

A Denominación de Orixe Rías Baixas pon en marcha, este sábado, un bus turístico para coñecer a vendima

A Ruta do Viño Rías Baixas pon en marcha, a partir deste sábado día 7 e ata o próximo 26 de outubro, o ‘Bus do viño’ Rías Baixas, un novo recurso para achegarse e coñecer de primeira man as súas adegas e viñedos no momento máis álxido do ano.

O presidente do consello Regulador de la Denominación de Orixe Rías Baixas explicou en rolda de prensa que durante os sábados destes dous meses, os usuarios deste novo servizo poderán visitar cada día tres adegas, ademais de ter tempo para coñecer os recursos patrimoniais do casco histórico de Cambados e Salvaterra de Miño e, se así deséxano, aproveitar a oferta gastronómica dos establecementos adheridos á ruta a uns prezos moi especiais.

“Esta é a primeira das actividades que poñemos en marcha dentro dun convenio subscrito coa Axencia Galega de Turismo, pero haberá máis”, declarou Juan Gil de Araújo . O convenio referido ten un presuposto de 50.000 € para accións de promoción no que participan todas as denominacións de orixe de Galicia.

A viaxe terá unha duración de entre 8 e 10 horas e o prezo por persoa é de 12 €. Os viaxeiros que o desexen terán prezos especiais para xantar en adegas ou restaurantes da ruta. Sairán dous autobuses dende Pontevedra  – Praza de Galicia – e Vigo  – Centro Comercial A Laxe -.

As persoas interesadas en participar nalgunha destas rutas teñen que formalizar a súa reserva no 986 091 088 / 687 523 230 ou na web rutadelvinoriasbaixas.com. O límite é de 25 prazas.

 

También te puede interesar