RGPD - Cookies
Galicia

Dous mortos e 94 feridos nas estradas galegas esta fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 94 persoas debido a 65 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do pasdo venres, día 31, e as 12 da noite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado con 28 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 76 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 65 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 94 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 56 e do 44%, respectivamente, e nas idades dos feridos, obsérvase cun 44% dos atendidos tiña entre os 15 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 28 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 87. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a sete sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 69 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións.

En 74 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, nove foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e nove se atenderon nun centro de atención primaria e dúas persoas faleceron no lugar do sinistro

 

También te puede interesar