Vigo al minuto

@s traballador@s de Povisa poñen fin á folga

O Xulgado do Social número 5 de Vigo estimou a primeira das demandas sindicais presentadas contra a imposición do convenio provincial no hospital Povisa e obriga a empresa a suspender a aplicación do devandito marco laboral para retornar ao convenio propio que tiña o centro, en cumprimento da cláusula de ultraactividade. Os empregados, que coñeceron a sentenza mentres participaban nun mercadiño solidario, decidiron en asamblea suspender a folga – iniciada o día 19 – e volver ao traballo o vindeiro domingo ás 10 da noite, cando se inicie o turno de noite.

O fallo xudicial establece que Povisa non poderá aplicar un novo marco laboral que supoñía, segundo as denuncias do comité, un recorte salarial medio do 40% e que estaba en vigor dende o pasado 24 de xullo. De feito, algúns empregado xa recibiron as nóminas de xullo nas que, con só unha semana de aplicación dese convenio, se implementan recortes de entre 150 e 180 €.

Deste xeito, os traballadores sufrirían rebaixas de entre 600 e 720 €  ao mes no caso de que continuase vixente a aplicación do convenio provincial.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.