Deportes Vigo al día

Aberta a inscripción para o Torneo 3×3 de baloncesto do Seis do Nadal Coia

Os días 30 e 31 de agosto do 2013 o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará a Terceira Edición do Torneo de Baloncesto 3×3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal.

O Torneo 3×3 estará dividido en tres categorías: minibásquet, infantil-cadete e júnior-sénior. A categoría minibásquet e a categoría infantil-cadete xogarán sendos torneos 3×3 paralelos o venres 30 de agosto do 2013 en xornada de tarde; mentres que a competición do torneo 3×3 de categoría júnior-sénior será o sábado 31 de agosto do 2013 ao longo de todo o día. Os horarios de cada categoría se publicarán unha vez pechado o prazo de inscrición o próximo día 27 de agosto do 2013..

Os equipos deben estar formados por 5 xogadores como máximo e poderán ser equipos masculinos, femininos e mixtos sempre respetando as idades das categorías do campionato. Na Terceira Edición do Torneo de Baloncesto 3×3 do Club Baloncesto Seis do Nadal haberá premios para os combinados campións de cada categoría, premios que se darán a coñecer en próximas datas..

Os equipos que desexen participar no torneo deberán enviar un correo electrónico a [email protected] antes do próximo martes 27 de agosto do 2013 indicando:. nome e categoría do equipo participante, nome, apelidos e data de nacemento de tódolos integrantes do equipo (mínimo tres e máximo 5), responsable do equipo e móbil de contacto.

As inscricións serán aceptadas por rigoroso orde de inscrición ata completar o número máximo de equipos en cada unha das categorías. A confirmación da praza na Terceira Edición do Torneo de Baloncesto 3×3 será comunicada a través do correo electrónico facilitado ao facer a inscrición. A cuota simbólica de participación será recollida antes do primeiro encontro de cada equipo no campionato.

Para máis información ou para resolver as dúbidas os interesados poden poñerse en contacto coa organización no 627516980 ou no email [email protected]

 

También te puede interesar