Comarcas Sin sección

O Camiño das Fontes de Tortoreos xuntou a centenares de persoas no seu día

Fonte da Chan en Tortoreos (As Neves)///Foto:Tresyuno Comunicación

A Asociación Coto da Cividade de Tortoreos organiza cada ano unha andaina que percorre a vila de Tortoreos e Liñares onde a parada obrigada son as fontes. Fontes  que os veciños do lugar adornan e onde non falta detalle para que todos aqueles que se acheguen poidan admiralas.

Foto de edicións anteriores //Foto: Adc Coto da Cividade

O longo do percorrido non faltou a música e a boa gastronomía do lugar, tamén se puideron ver os tradicionais chimpíns adornados coas mellores galas.

Participantes da andaina na Santa Mariña//Foto: Tresyuno Comunicación

O tempo axudou a poder gozar do entorno e, unha vez máis, as fontes, ofreceron o mellor alivio para todos aqueles sedentos e acalorados que alí se atopaban. Ademáis, ao longo do percorrido, os camiñantes, asistentes e curiosos que o desexaron,  puideron degustar da gastronomía e dos bos caldos do lugar no paraxe natural da Santa Mariña, onde se deron cita centenares de persoas, e onde  a música non cesou nin á hora do almorzo.

 

También te puede interesar