Galicia

Controlado o incendio forestal do concello de Lousame

Controlado o incendio forestal do municipio coruñés de Lousame. O lume iniciouse ás 02:30 da madrugada de hoxe e a superficie afectada é de arredor de 22 hectáreas.

Nos traballos de control deste incendio participan 2 técnicos,  5 axentes forestais, 11 brigadas, 5 motobombas, 2 palas, 3 helicópteros e 2 avións.

Atópase a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

 

También te puede interesar