Vigo al día

Dende este venres, todo Vigo é folk

Por segundo ano consecutivo, Vigo será o lugar de encontro da Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO, na súa denominación en inglés), que contará coa a participación da Royal Conservatoire Of Scotland Folk Big Band (Escocia), a Sibelius Folk Big Band (Finlandia), a Piemonte Artemotiva Band (Italia), asi como da galega OFG SondeSeu.

Programación das actuacións:

Venres, 16 de agosto: Grupos da ETRAD (Praza da Princesa – 12:00 h). Sibelius Folk Big Band (Praza da Princesa – 19:30 h). Royal conservatoire of Scotland (Urzáiz e Príncipe – 20:30 h.).

Sábado, 17 de agosto: Royal conservatoire of Scotland (Praza da Princesa – 12:00 h.). Piermonte Artemotiva Band (Praza da Princesa – 19:30 h.). Sondeseu (Urzáiz e Príncipe – 20:30 h.).

Domingo, 18 de agosto: Grupo de ETRAD e Piemonte Artemotiva Band (Praza da Princesa – 12:00 h.).  Dende as 8 e media da tarde, no Auditorio do Parque de Castrelos: Sibelius Folk Big Band, Royal Conservatoire of Scotland e Sondeseu.

Tódalas actividades serán de balde.


 

También te puede interesar