RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología

As despedidas do Valle Inclán protestan no domicilio do propietario da empresa en Nigrán

As traballadoras, este mércores

Traballadoras despedidas da residencia da terceira idade Valle Inclán de Vilanova de Arousa levaron as protestas ao domicilio en Nigrán do administrador único de Viajes Silgar, empresa que xestiona o centro. Acusan a Francisco Janeiro de “estar por tras do proceso de represión sindical e laboral que supuxo o despedimento de 23 profesionais”.

A concentración, según o comité de empresa, ten lugar dous días despois da tentativa “completamente irregular” de revogar o comité de empresa, principal ponta de lanza das mobilizacións. “As persoas que asinaron en prol da revogación xa non forman parte do cadro de persoal de Viajes Silgar, se non doutra empresa que se chama Nurtime S.L.”, indica Fernanda Lois, presidenta do organismo. A pesar de que desde o comité informaron a este grupo de traballadoras afíns á dirección -moitas delas coaccionadas- que non cumprían as condicións legais para a revogación, decidiron levar a cabo “unha votación ilegal”.

Ademais, denuncian, “non deixaron entrar ás instalacións ás traballadoras despedidas, que mentres non exista unha senteza en firme seguen formar parte do censo legal”. “Mesmo chamaron á Guardia Civil para nos botar”, indica a presidenta do comité, que solicitou ao corpo armado que deixase constancia desta actitude hostil

 

También te puede interesar