Vigo al día

Manifestación a favor [email protected] [email protected] dos Centros Cívicos de Coia, Saiáns, Coruxo e Casco Vello

Os convocados, xusto antes de que saise a manifestación da Praza da Independencia/Tresyuno Comunicación

Medio cento de personas acudiron este martes á manifestación convocada en apoio aos traballadores despedidos dos centros cívicos de Coia, Saiáns, Casco Vello e Coruxo e esixiron, de novo – pois levan semanas mibilizándose en toda a cidade – a subrogación dos seus postos. Os convocados, que portaban carteis en contra da xestión do goberno local e do alcalde, saíron da Praza da Independencia pasadas as sete e media da tarde, amosando o seu total rexeitamento coas decisións de Abel Caballero no que atingue ñá súa situación.

Á manifestación acudiu o coordinador local de Esquerda Unida (EU) quen calificou de “inmovilista e prepotente” a actutude do goberno municipal e  denunciaba que aumentan os casos de imcumprimentos das condicións laborais en numerosos servizos municipais.

Esquerda Unida lembraba que no caso das novas contratas, estes casos son “maís que evidentes” e sinalaba coma exemplo o Servizo de Intermediación Familiar, “co acceso de Clece  á xestión deste servizo e as condicións laboráis da plantilla están sufrindo un calculado proceso de degradación”.

 

También te puede interesar