RGPD - Cookies
Comarcas

Este xoves, en A Cañiza, todo estará curado

A Carballeira do Cacharado, en A Cañiza, será o lugar central da  47 edición da Feira do Xamón, a primeira tras a obtención da declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia. Nela serviranse diferentes pratos cociñados co xamón como elemento principal, entre eles, xamón curado, asado, cocido ao viño tinto, empanada de xamón ou tortilla de xamón. Ademais haberá un desfile protagonizado polos centenarios ‘Cabezudos’ da vila, os carros típicos e os grupos folclóricos, así como os membros da Confradía do Xamón. Entregas de premios do concurso de narracións e carteis, torneos deportivos e espectáculos infantís e musicais completan o programa desta festa que se ven celebrando ininterrompidamente dende 1966.

No acto de presentación dos diferentes eventos que compoñen a xornada de exaltación, a directora de Turismo de Galicia explicou que a natureza e a gastronomía son as principais motivacións dos turistas que escollen Galicia como destino da súa viaxe. Segundo dixo, á percepción de Galicia como destino gastronómico contribúe a magnífica oferta culinaria e de restauración da comunidade pero tamén “os festexos de exaltación gastronómica aportan atractivo e converten o verán galego nun mundo de posibilidades de sabores e olores”.

 

También te puede interesar