Vigo al minuto

Os traballadores de Povisa denuncian que a dirección do hospital quere boicotear a folga

A representación sindical de Povisa reunirase este martes coa Inspección de Traballo, logo de ter denunciado o pasado venres o incumprimento dos servizos mínimos pactados coa empresa para a folga que iniciarán o vindeiro 19 de agosto. Esta luns parte membros do Comité de Personal estiveron en Santiago cun representante da oficina do Valedor do Pobo e pola tarde realizaron unha manifestación nos arredores do hospital privado vigués.

Desde o comité de empresa valoran o incumprimento dos servizos mínimos como “outra evidencia máis da falta de vontade da dirección para acadar calquera entendemento”. Trátanse, subliñan “duns servizos mínimos acordados coa empresa, e que repiten as condicións da folga de 2009”. Segundo os sindicatos, o hospital privado estaría a vulnerar o acordo “mudando as quendas, colocando traballadoras en mínimos en servizos que deberían estar pechados, como policlínica, radioloxía nas consultas e outros”, ademais de “cambiar persoas da tarde para a mañá no servizo de planta”. “Todas estas manoras irían encamiñadas a crear un desbaraxuste para que non poidamos controlar os servizos mínimos pactados e tentar boicotar a folga”.

A representación do comité, que se reuniu esta mañá en Compostela cun coordenador da oficina do Valedor do Pobo para o informar da situación pola que está a pasar o cadro de persoal, “quedou sorprendido ao lle comunicarmos os argumentos evasivos da Xunta, que financia o 80% do hospital, tendo en conta o aumento nas listaxes de espera ou a contradición entre a penalización imposta polo Sergas por exceso de actividade e a redución de xornadas laborais”. O coordenador comprometeuse a enviar un escrito ao Servizo Galego de Saúde e á Xunta co intención de obter resposta antes do día 19.

A respeito do xuízo que terá lugar o vindeiro 27 de agosto que “dirimirá a vixencia da ultra-actividade do convenio que expirou, e despois do cal se lles aplicou un acordo provincial que reduce entre o 40 e o 52% os salarios”, as traballadoras confésanse optimistas. “Existe o precedente de varias sentenzas, entre elas unha do Sepla, nas que se obrigou á empresa a recoñecer a vixencia do convenio”.

 

También te puede interesar