RGPD - Cookies
Galicia

O lume que se declarou este domingo entre Lugo e Ourense, queimou xa preto de 300 hectáreas

O lume xa arrasou preto de 300 hectáreas/Tresyuno Comunicación

O incendio que comezou na tarde do domingo e que afecta os concellos de Quiroga, en Lugo, e Larouco, en Ourense, queimou xa unhas 300 hectáreas de superficie e obrigou a desaloxar algúns veciños da zona.

Segundo os datos da Consellería do Medio Rural, o lume comezou pasadas as 5 da tarde e afecta ás parroquias Vilanuiz en Quiroga e a de Siador en Larouco. Por poximidade aos núcleos habitados, a Xunta decidiu activar o nivel 1 neste incendio forestal, debido ao que foron desaloxados algúns veciños da zona.

Segundo o Concello de Quiroga, o lume presenta máis problemas na provincia de Ourense, e que na parte lucense – na que indica que non foi necesario desaloxar aos veciños – xa está apagado.

Segundo Medio Rural, nos traballos de extinción participan un técnico, sete axentes forestais, 19 brigadas, un grumir, 11 motobombas, dúas palas, seis helicópteros e oito avións e tamén colabora a Unidade Militar de Emerxencia (UME).

 

También te puede interesar