Galicia

O Igape ‘moviliza’ 16 millóns de euros para o apoio a emprendedores

O Igape ten abertos programas de apoio cos que se prevé unha mobilización de 16 millóns de euros. Así, ata o 30 de outubro os emprendedores poden solicitar as axudas do programa ReEmprende, a través do cal se conceden subvencións por importe de 1,4 millóns de euros coas que se prevé unha mobilización de investimentos por 6 millóns, mentres que o novo programa de microcréditos, co que se poderán mobilizar 10 millóns de euros, permanecerá aberto ata o remate do ano.

As axudas concedidas ao abeiro do programa ReEmprende, que ten por obxectivo apoiar os novos investimentos de emprendedores, autónomos ou pemes de ata un ano de actividade, parten dun mínimo do 15% e poden chegar a cubrir o 50% dos investimentos subvencionables no caso das pequenas empresas.

Os proxectos que se desenvolvan nas provincias de Lugo e Ourense, xunto cos das comarcas de Ferrolterra e Costa da Morte, benefícianse dunha valoración con discriminación positiva, ao amparo dos correspondentes plans Impulsa. Ademais, aos proxectos destas zonas garánteselles unha axuda mínima do 25% dos investimentos subvencionables.

Por outra banda, mediante o novo programa de microcréditos, que se desenvolve en colaboración coas Sociedades de Garantía Recíproca (SGR), os emprendedores poden acceder a préstamos de ata 25.000 euros avalados nun 100%.

Estes dous programas están contemplados na futura Lei do emprendemento e da competitividade, que contempla tamén a posta en marcha dun novo fondo de capital risco para emprendedores, que permitirá mobilizar investimentos por 10 millóns de euros máis.

 

También te puede interesar