Galicia

Milleiros de Afectados polas Preferentes de toda Galicia maniféstanse en Sanxenxo

Afectados polas Preferentes

Milleiros de afectados pola compra de Preferentes, procedentes de toda Galicia, manifestáronse este sábado en Sanxenxo para esixir que lles devolvan a totalicade dos seus cartos. Segundo explicaron varios dos voceiros das plataformas, “é mentira que maioría cobrasen”, senon que os que o fixeron “foi asumindo, en moitos casos quitas moi considerables sobre os seus aforros”.

Asemade, os afectados salientaron que aínda quedan por pagar másis de 400 millóns de euros, esixiron que se reabra á abritraxe e que poidan ir á mesma todos os aforradores e acusaron ás autoridades, “empezando pola Xunta e polo Goberno” de “cómplices dun roubo planificado e executado polo que non pagaron máis que aqueles que traballaron honradamente toda a vida e viron como lles roubaban miserablemente e con impunidade, os seus cartos”.

Os afectados lembraron que Novagalica Banco non puxo os cartos que “colleu das nosas contas”, senon que “foi o Fondo de Garantía de Depósitos” e que esto foi posible grazas á permisividade “e complicidade total” dos organismos oficiais, “dende o Goberno, pasando pola Xunta, os concellos nos que goberna o PP, o Banco de España e os deputados deste partido elixidos por nos que aprobaron o roubo no Congreso”.

A manifestación de hoxse serviu, ademáis, segundo afirmaron os responsables das plataformas, para que “as nosas queixas non deixen de chegar a Europa”. Os manifestantes fixeron dúas paradas, anunciadas, no seu percorrido, una diante da oficina de Novagalicia Banco, e outra ante o edificio no que ten un piso o presidente do Goberno, “ainda que Rajoy xa sabía o que había e preferiu irse a veranear a Ribadumia, protexido pola Grada Civil nun pazo”.

 

También te puede interesar